![]()
CAMBADOS> Así llo comunicou o presidente do ente público, José Manuel Álvarez, ó alcalde deste municipio, Luis Aragunde.
{flowplayer}images/salnes/PORTOS_GALICIA.flv{/flowplayer}
Tralas reiteradas demandas das mariscadoras de Cambados porque se sanee o Saco de Fefiñáns antes de que se execute o proxecto de colocación das comportas, semella están máis preto de conseguir o seu obxectivo.
Portos de Galicia ven de anunciar que se iniciará a instalación das comportas, despois do saneamento da zona, nestes intres declarada zona C. E así llo trasladou ademais nun encontro o presidente do ente público, Jose Manuel Álvarez Campana, ó alcalde da localidade, Luis Aragunde.
Ademais, Portos ten encargados diversos estudos complementarios sobre o modelo de xestión que requirirá esta obra. A colocación destas comportas permitirá, segundo explicaron desde o ente público, separar a zona interior e a exterior do estuario, de tal maneir que protexa o Saco dun posible vertido accidental.
Así mesmo, manterase o nivel adecuado de auga para a optimización da actividade pesqueira. Finalmente, Portos estudará a posibilidade de empregar os fluxos das correntes producidas pola subida e baixada das mareas para a produción de enerxías renovables.
Redacción Salnés









