Veciños de Vilagarcía poñense en pé de guerra por unha antena de telefonía

    VILAGARCÍA> Veciños da rúa Duque de Rivas están en pé de guerra. A razón é a posible instalación dunha antena de telefonía móbil nun dos edificios. Os habitantes dos pisos afectados permitiron a súa instalación pero en realidade a empresa non dispón dos permisos necesarios. Deste xeito o concello paralizou as obras e mentres os demais veciños recollen firmas para evitar que se produza esta instalación.

    A empresa de telefonía móbil Vodafone pretendía instalar unha antena nun dos edificios da rúa Duque de Rivas.  Os veciños destes pisos estaban de acordo xa que o parecer a comunidade recibía a cambio unha suculenta suma de diñeiro o mes polas molestias. O primeiro en tomar medidas sobre esta instalación foi o concello, xa que a empresa non dispoñía das licencias oportunas, a continuación os veciños da zona comezan a mobilizarse. 

     

    Todo parece indicar que a situación da antena non é a máis axeitada xa que a lei non permite estas instalacións a menos de cen metros dun centro educativo nin dun centro de saúde. Nos arredores da rúa Duque de Rivas sitúase o colexio A Lomba,  as Franciscanas e o servicio de atención e prevención do drogo dependente. A maioría dos veciños están convencidos que esta instalación é moi nociva para a súa saúde polo que pensan mudarse se o concello permite finalmente proseguir coas obras da antena.

     

     

     

     

    Deste xeito os se  opoñen a instalación da antena xa emprenderon unha campaña de recollida de firmas para frear definitivamente este proxecto.

    Redacción Salnés