‘Son uns orzamentos continuistas e restritivos’

    ALCALDE_CALDAS_PAGINA copia.jpgCALDAS> Así definiu o alcalde deste municipio as contas do concello que se debatirán o vindeiro xoves no pleno extraordinario.

    {flowplayer}images/salnes/ORZAMENTOS_CALDAS.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Caldas de Reis, Manuel Rey presentou onte o orzamento municipal de 2011 que ascende ós preto de cinco millóns setecentos mil euros. Será a corporación do concello a que o debata o vindeiro pleno extraordinario que se celebrará o xoves.

    Estas contas serán aprobadas inicialmente grazas ó apoio do Bloque Nacionalista Galego. Segundo Rey grazas a que nesta ocasión as negociacións se fixeron con menos ruído e presión.

    Manuel Rey sinalou que se trata dunhas contas continuistas e restritivas. Primeiro porque se pretender garantir o funcionamento dos servizos que se veñen prestando e en segundo termo porque non só se incrementaron as previsións de gasto corrente senón que se reduce.

    No caso das inversións para afrontar o seu financiamento concertarán unha operación de endeudamento de case douscentos oitenta mil euros.

    Por último, informou que a vindeira semana farán pública unha relación de tódalas obras que van executar antes das eleccións.

    Redacción Salnés