O alumnado do IES Asorey elabora un calendario con imaxes históricas de Cambados

CAMBADOS> O alumnado do IES Asorey de Cambados elabora un calendario con imaxes históricas da vila. Os estudantes levaron a cabo esta iniciativa para conmemorar os 20 anos da declaración de Cambados como conxunto histórico artístico. Os calendarios serán repartidos gratuitamente para poñer en valor o patrimonio do municipio.

Os estudantes de 4 da ESO de Cambados interésanse pola historia da súa vila. 11 alumnos e alumnas do IES Asorey crearon un calendario con imaxes históricas do municipio. Ademais completaron as fotografías con texto explicativos elaborados por eles mesmos.

As imaxes foron sacadas dun libro antigo que contiña fotos históricas da vila. Cada alumno elaborou un dos meses do calendario.

O proxecto conmemora os 20 anos da declaración de Cambados como conxunto histórico.

Os calendarios foron elaborado por Manuel Ríal. Os almanaques repartiranse de forma gratuíta á veciñanza de Cambados. O obxectivo é poñer en valor o patrimonio .

Os propios alumnos destacaron a importancia deste obxectivo.

O concello e o instituto poñerán a disposición  da veciñanza mil calendarios nesta primeira tirada. Os interesados en conseguilo poderán solicitalo na oficina de consumo do concello de Cambados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí