‘Deberíamos gañar esta votación sen problema’

    uuaa copia100.jpgSALNÉS> Unións Agrarias acode ó pleno extraordinario do Consello Regulador do xoves convencido de que botarán abaixo as sancións ós viticultores.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIO_PLENO_CONSELLO_UVA.flv{/flowplayer}

    O pleno extraordinario deste xoves interprétase dende Unións Agrarias como unha segunda oportunidade para conseguir a rectificación do Consello Regulador respecto das sancións impostas os viticultores por superar as cotas de produción.

    Ademais, dende o sindicato pedirán que se modifique a normativa para evitar esta situación no futuro, con medidas como o aumento do rendemento ata nun 25%.

    Parte da solución tamén pasaría pola actualización dun catastro de viñedos e produtores da Denominación de Orixe, algo que, segundo Unións Agrarias, non se realiza dende 1995.

    A pesares de que a plataforma sindical recoñeceu o momento de tensión que se está a vivir dentro da Denominación por esta situación, apostan por que a súa proposta sairá aprobada do pleno.

    Redacción Salnés