Traballo presenta en Vilagarcía o Plan Territorial de Emprego

    traballo_100_230108.jpgVILAGARCÍA > O Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, presentou esta mañá en Vilagarcía o Plan Territorial de Emprego do Salnés…

    … Esta é unha iniciativa pioneira da Xunta que busca acadar unha maior participación e consenso entre tódalas forzas sociais e políticas da comarca á hora de elaboralas políticas laborais.

    O Plan Territorial de Emprego é unha iniciativa pioneira da Xunta que tamén se vai a desenvolver noutras tres comarcas galegas. Con ela búscase unha maior implicación dos axentes económicos e sociais do Salnés na posta en marcha das políticas laborais a aplicar nunha comarca na que a taxa de paro ascende ás 6.500 persoas. Co instrumento posto en marcha pola Xunta, créase un órgano de xestión baseado na participación e na corresponsabilidade que asumen os concellos, sindicatos e empresarios, en canto ó deseño das políticas de emprego, que logo a Consellería terá que levar a cabo.

    A Federación de Empresarios da Comarca da Arousa, e os sindicatos CCOO e UGT, tamén asinaron esta mañá o proxecto. Para eles o obxectivo é común, contribuír na elaboración de políticas que axuden a frear o desemprego, que presenta unhas porcentaxes moi altas. A sesión constitutiva do pacto tamén asistiron esta mañá os alcaldes dos concellos que formarán parte do programa. Ademais dos concellos do Salnés, tamén entran no plan Pontecesures, Valga e Catoira. En total, 11 municipios que engloban a algo máis del 104.000 habitantes, e nos que a taxa de emprego non supera ás 36.000 persoas.

    Redacción Salnés