As reformas do mercado poderían estar finalizadas en maio

    visitapraza copia100.JPGVILAGARCÍA> A concelleira de Urbanismo anunciou que o vindeiro mes iniciarán os traballos no entorno do río do Con.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_OBRAS_PRAZA_ABASTOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Un dos obxectivos principais das obras que se están a realizar no mercado vilagarcián, é facer máis accesible as instalacións. Coas reformas, a praza contará cunha única planta ó mesmo nivel, que acollerá tanto os postos de carnicería e peixe, como os das verduras.

    Rosa Abuín tamén destacou o mal estado das paredes, que provocaba que a humidade se filtrara ós postos do exterior da praza. Unhas obras para as que o concello dispuxo un millón de euros con cargo ó Plan E, e que poderían estar rematadas antes do previsto.

    Rosa Abuín, Xosé Castro Ratón e Tania García, aproveitaron a visita para manifestar a súa aposta pola continuidade do proxecto cunha segunda fase, que afectaría á planta superior. Pola súa banda, a actual edil de urbanismo tamén anunciou que o vindeiro mes comezarán as obras de humanización do entorno do río do Con, que incluirá a conservación da muralla de Vista Alegre.

    Redacción Salnés