No Ramón Cabanillas de Cambados aprenden a salvar vidas coa axuda de técnicos do 061

CAMBADOS> Os alumnos do Instituto Ramón Cabanillas de Cambados, están preparados para salvar vidas. Os mozos participaron hoxe nunha xornada na que aprenderon as manobras básicas de primeiros auxilios. Tamén a manexa-lo desfibrilador do que dispoñen no centro. Como mestres actuaron hoxes técnicos de emerxencias do 061.

Pequenos xestos que poden salvar vidas. No instituto Ramón Cabanillas de Cambados a xornada de hoxe serviu para aprender as monobras básicas de primeiros auxilios.

A actividade serviu tamén para coñece-lo funcionamento dos desfibriladores. O centro conta con un dende hai tres anos grazas á iniciativa da ANPA Arcos de Fefiñáns. Hoxe, os mozos aprenderon que traballar con el é moi sinxelo.

Para a rapazada, as monobras de primeiros auxilios son tan útiles como sinxelas.

Nós aproveitamos para ver se estiveran atentos ás explicacións e, polo que nos contaron, abofé que si. Atendan a esta rapaza, que nos conta como actuar ante unha persoa atragoada.

Os técnicos de emerxencias participaron de xeito voluntario e altruísta.