A conselleira de Medio Ambiente supervisa a reforma da Praza das Américas

NOIA> A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaba a localidade para comprobar o resultado das obras de humanización e reordenación levadas a cabo na céntrica Praza das Américas. A actuación contou cun investimento de preto dos 80 mil euros.

Acompañada do alcalde, Santiago Freire, e varios membros do equipo de goberno, a titular de Medio Ambiente visitaba esta mañá a Praza das Américas, onde nos últimos meses se veu desenvolvendo unha actuación que tiña coma principal finalidade a humanización e ordenación da zona. As obras, cun orzamento de preto dos 80 mil euros, estaba incluída dentro Plan Hurbe.

O alcalde agradeceu o investimento aportado pola Xunta que permitiu poder levar a cabo a actuación coa que ademais de reorganizar as zonas de estacionamento existente, posibilitou poder aumentar a seguridade viaria e mellorar o aspecto paisaxístico dunha zona importante da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí