Falece un veciño de Palmeira tras quedar atrapado baixo o seu vehículo

RIBEIRA> A Garda Civil investiga as circunstancias dun accidente mortal acontecido esta fin de semana en Palmeira. Un home de 36 anos faleceu tras quedar atrapado baixo o seu vehículo. Foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar o corpo.

O accidente mortal tiña lugar a madrugada deste domingo en Palmeira. Foi un particular o que deu aviso ó 112 ó observar o corpo dun home atrapado baixo un vehículo na rúa Barreiro. Ó chegar os equipos de emerxencia tan só puideron constatar o falecemento da vítima. Foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar o corpo.

O vehículo era propiedade da vítima polo que a principal hipótese que se baralla é que se tratara dun accidente fortuíto. Á espera de que conclúa a investigación, todo parece indicar que a furgoneta puido quedar sen freos ou estar estacionada sen freo de man nunha zona con algo de pendente. 

A vítima, Manuel Fernández Pacheco, tiña 36 anos e era natural de Palmeira.