O BNG de Outes insiste en reclamar a recuperación da casa natal do poeta Añón

OUTES> No último pleno debateuse unha moción presentada polos nacionalistas na que lle solicitaban ó Concello que negociase cos propietarios actuais do inmoble a súa compra, para a súa posta en valor e restauración. Pero esta non prosperou, polo que insisten na súa solicitude.

Segundo os nacionalistas, para a súa compra e posterior rehabilitación, o Concello podería buscar financiamento con fondos doutras administracións, e así aliviar a carga económica que isto pode supoñer.

Os nacionalistas pedíanlle tamén ó equipo de goberno que iniciase os trámites oportunos ante a Xunta para a solicitude da declaración coma Ben de Interese Cultural tanto para a casa do poeta como tamén para o Pazo de Boel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí