PORTO DO SON> O concello apela á colaboración cidadá ante o incremento dos actos vandálicos no municipio nos últimos meses.
{flowplayer}barbanza/actosvandalicosportodoson.flv{/flowplayer}
Segundo os cálculos do executivo, os actos vandálicos cometidos en Porto do Son nos últimos tres meses ocasionaron unha media de perdas de doce mil euros. Non só no que respecta ós roubos, cada vez máis frecuentes nos locais hostaleiros, senón tamén os derivados de actos vandálicos e o depósito de residuos en lugares non autorizados.
Dende o concello apelan á colaboración veciñal como principal vía para loitar contras estas actividades ilegais.
Redacción Barbanza