BARBANZA> Ademais da entrega de premios, a gala contará con música e humor en directo, ademais das proxeccións das curtas gañadoras en cada categoría a concurso.
Por sexto ano a Asociación Cultural Alberto Romero, en colaboración coa maioría das ANPA’S do Barbanza, organiza a gala de entrega de premios do certame audiovisual dirixido ós centros educativos, non só desta comarca senón tamén de toda a comunidade.
A gala terá lugar este sábado no teatro Elma da Pobra do Caramiñal, a partir das sete da tarde. Ese día daranse a coñecer os traballos gañadores das catro categorías a concurso: para educación primaria, para secundaria, para diversidade funcional e libre.
Dende a entidade organizadora destacaron a alta calidade das curtas presentadas ó certame, a pesar dos condicionantes da covid destes últimos anos.
Tamén a boa acollida dos talleres de interpretación e elaboración de guións desenvolvidos ó longo do curso, que coma novidade se viñeron a sumar este ano ás actividades formativas de audiovisual.
Aproveitouse tamén o acto para refrendar o convenio coa Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa de cara a promoción desta comarca.