Os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas achegaranse á edición máis internacional do Curtas

VILAGARCÍA> A edición máis internacional do Curtas está a piques de comezar en Vilagarcía. O festival audiovisual comezará o próximo día 24 con máis dun cento de estreas, preto dunha vintena mundiais. Ademais das exposicións, que xa se poden visitar, o Curtas traerá á cidade este ano os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas.

A edición 53 do Curtas chega a Vilagarcía cunha inmellorable carta de presentación. Contará con 102 estreas, 17 delas mundiais.

Porque está é tamén a edición da internacionalización do festival, logo da súa inclusión na lista dos mellores festivais de xénero fantástico do mundo. O Curtas arrancará o 24 de outubro e clausurarase o 2 de novembro cunha cerimonia espectacular coa Orquestra Clásica de Vigo.

Pola cidade tamén pasarán os directores Paco Plaza, Marcus Nispel, Diana Peñalver e o gañador de tres Goya Arturo Balseiro. Outro dos grandes reclamos son os coches de Harry Potter e os Cazapantasmas.

O concello volve colaborar co festival, nunha edición á que se suma á Xunta como patrocinadora.

E na que a Deputación de Pontevedra segue presente.

Ademais, o festival xa vai quentando motores con ata tres exposicións que xa se poden visitar na sala Rivas Briones.