![]()
PORTO DO SON> Xa están en marcha as obras da depuradora de Orellán tras anos de demora pola falla de superficie para executala.
{flowplayer}barbanza/depuradoraorellan.flv{/flowplayer}
O proxecto remóntase xa ó ano 2006 cando se aprobou a subvención da Deputación da Coruña para acometer este proxecto. Dende entón, os sucesivos gobernos trataron de adquirir os terreos necesarios para a súa execución aínda que a negativa dalgúns propietarios impediu chegar a acordo.
Depuradora pechada
Unha vez en marcha o proxecto, agárdase que a depuradora poida entrar en funcionamento no prazo de catro meses. Dende o concello explicaron que se tratará dunha instalación pechada o que reduce o risco de emanación de cheiros.
A aposta do executivo pola depuración por zonas é a máis acaída para o concello de Porto do Son, pola súa superficie e distribución poboacional posto que se reducen os custos de electricidade derivados dos bombeos que, no caso contrario, serían inasumibles para as arcas municipais.
Redacción Barbanza








