O goberno recorrerá ante a UE o novo método de detección de biotoxinas

    SALNÉS> Unha decisión coa que atenderá as reclamacións das Consellerías do Mar e de Sanidade da autonomía galega.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLERIA_BIOTOXINAS.flv{/flowplayer}

    Un método máis caro, máis lento e que non aporta maior seguridade. Así describiu a Consellería do Mar o método químico que a Unión Europea aprobou para a detección de biotoxinas mariñas. Estes argumentos, que foron defendidos na Comisión de Seguimento e Coordinación das Actuacións ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea celebrada onte en Madrid, convenceron ó goberno central, que recorrerá o regulamento comunitario.

    O regulamento foi aprobado o pasado mes de novembro grazas ó voto a favor de 26 dos estados membros e a abstención de España, implantando así o método químico en lugar do bioensaio empregado na actualidade; un cambio que prexudicaría gravemente o sector produtor e comercializador de moluscos bivalvos.

    Redacción Salnés