![]()
PONTEVEDRA > Os traballadores da Deputación de Pontevedra manifestáronse ante a Subdelegación do Goberno en protesta pola requerimento de anulación, por parte da Delegación en Galicia, do Plan de Emprego negociado entre eles. Tras varias reunións nos centros de traballo da Deputación ó longo da semana, Comisións Obreiras decidiu protestar polo que consideran un trato inxusto entre traballadores.
Polo trato desigual entre traballadores de distintos concellos protestaban precisamente ante a Subdelegación do Goberno. Como exemplo do trato discriminatorio respecto ós demais falan da situación no concello de Mos. Un municipio no que os traballadores presentaron un catálogo de propostas que foi admitido. Comisións Obreiras non se manifestou en contra deles, senón en favor da igualdade entre tódolos traballadores.
Os traballadores solicitaron unha entrevista co delegado e subdelegados do Goberno en Galicia e mailo ministro de Administracións Públicas. Á espera de que se manteñan as reunións e dos resultados que se deriven as expectativas son altas. De non ser así non descartan outras mobilizacións e fan un chamamento ós demais sindicatos para que se unan á protesta. Agradecen o apoio do presidente da Deputación ós traballadores pero piden que, no caso dunha sentencia do tribunal superior contribúa á hora de plantexar recursos.
Redacción Salnés








