LOUSAME> O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo presidiu a inauguración da segunda e derradeira fase do corredor entre Brión e Noia, o tramo Martelo- Noia.
Coa posta en servizo desta vía de altas prestacións acúrtase á metade o traxecto entre Noia e Santiago, ó quedar completada a conexión viaria entre a comarca Muros-Noia e a capital galega.
{flowplayer}barbanza/inauguracioncorredornoiabrion.flv{/flowplayer}
Esta infraestrutura viaria conta con carrís para vehículos lentos no noventa por certo do seu percorrido e afastará diariamente máis de nove mil vehículos das numerosas travesías que atravesa a estrada convencional.
Igualdade de condicións
Tanto o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo como o alcalde de Lousame, Santiago Freire coincidiron en sinalar que o corredor permitirá que a comarca de Muros-Noia se sitúe en igualdade de condicións e competencia con calquera outro núcleo urbano de Galicia.
Co remate deste último tramo do corredor, finalízase un gran proxecto que conta con 18 quilómetros de estrada e no que se investiron 87 millóns de euros, aos que hai que sumar os 100 millóns da autovía entre Santiago-Ames e Brión, vial co que enlaza este corredor.
Queda pendente o novo vial de conexión do corredor ca estrada AC 543, no lugar de Sampaio. Esta previsto que esta actuación entre en funcionamento no 2012.
Redacción Barbanza