Comezo da recollida de firmas a favor da competición do tiro ó pombiño

    pombio100_270308.jpgO GROVE > Os afectados pola posible supresión da competición do tiro ó pombiño que se celebra tódolos ano na Toxa iniciaron hoxe …

    …unha recollida de firmas para coñecer a resposta e o apoio da poboación con respecto a esta problemática.A federación española de tiro ó bo xa expirou o prazo de inscrición polo tanto a competición só poderá aprobarse por medio dun informe favorable da subdelegación do goberno.

    O tiro o Pombiño converteuse no motivo de fricción entre uns e outros. Os hostaleiros e comerciantes e empresarios a favor por mor do beneficio e rentabilidade económica que xera a competición en sí mesma e por outra banda en contra está medio ambiente que asevera un incumprimento da normativa coas emisións de chumbo dos perdigóns, que deberían de ser ecolóxico entre outras correccións.

    Dende o colectivo de afectados organizaron unha recollida de firmas para coñecer a resposta da cidadanía Á espera da resposta da subdelegación do goberno trala emisión do informe de medio ambiente, os afectados reclaman unha decisión o máis rápido posible.

    O voceiro dos hostaleiros teme que se a resposta de medio ambiente é negativa a lendaria competición do tiro ó pombiño desaparecerá. Pero descartan loitar levando a cabo mobilizacións.

    Redacción salnés