Os estudiantes do IES da Illa non se reincorporan ás clases

    A ILLA> Os alumnos do Instituto da Illa non foron hoxe a clases nin o farán mañá en protesta pola destitución, a finais do ano pasado, de Alfonso Malvido como Director do Centro. O que si acudiron membros da ANPA e algúns alumnos foi a mobilizarse a media mañá diante das portas do centro. Os alumnos do Instituto da Illa non asistirán a clase deica o luns, en sinal de protesta pola destitución, a finais do ano pasado, de Alfonso Malvido como director. Amais, membros da ANPA, alumnos e mesmo o Alcalde de A Illa e varios membros do PSOE local, concentráronse a media mañá diante do centro facendo barullo con varios utensilios: batendo en potas, tixolas, pandeiretas e mesmo sachos. Algúns mesmo vestían de negro en sinal de dó polo que consideran que non foi unha medida axeitada. Reiteran que Malvido só defendía os intereses do centro cando aprazou o comezo das clases aquel 16 de setembro, por carecer do plantel de profesores definitivo co que determinar o horario e as tutorías correspondentes. Hoxe por hoxe Malvido continúa como docente no centro pero a nova directora é a que fora xefa de estudios ate o de agora, Susana Sánchez. O seu lugar, á súa vez, é ocupado por Yolanda Casas, e Sonia González continúa no cargo como secretaria. Nesta xornada ás clases só acudiu un dos 207 alumnos e mañá repetirán estas medidas de presión, eso si, cunha concentración de media hora antes de media mañá. Uns actos reivindicativos que de pouco van a servir posto que na decisión da Xunta de Galicia non hai volta a atrás. O propio subdelegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, volvía a recordar que a decisión foi de carácter técnico e non político nin represaliador, como denuncia a comunidade educativa. En recordo desta loita, a ANPA quere bautizar a este Centro Educativo como Instituto Alfonso Malvido; unha petición que aínda non se lle fixo constar oficialmente á Consellería de Educación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/09/ies_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/09/protesta_ies_illa_09012014.mp4{/flowplayer}