A Macomunidade do Salnés realiza un curso de Dixitalización Documental e Fotogrametría

CAMBADOS> A mancomunidade do Salnés continuou coa súa aposta polas novas tecnoloxías e realizou un curso de “Dixitalización Documental e Fotogrametría”. A acción formativa inclúese dentro do Plan de Emprego Comarcal. Nesta actividade participaron 15 alumnos.

Co plan de Emprego comarcal a mancomunidade do Salnés realiza cursos en todos os sectores. Un deles é o das novas tecnoloxías, un sector que está en alza e que abre moitas posibilidades no mercado.

No curso impartíronse 3 materias principais: Escaneado de documentos históricos, escaneado en 3 dimensións e fotogrametría.

O curso tivo unha duración de dúas semanas. Na primeira a metade das clases foron teóricas e na segunda foi todo práctica. A última actividade da aprendizaxe consistiu en utilizar o dron para sacar as fotos e logo dixitalizalas.

A mancomunidade do Salnés ten como obxectivo que máis do 45 por cento dos participantes do plan sexan contratados por un mínimo de 3 meses. No que vai de ano a meta xa se superou coa contratación de 54 dos 100 integrantes desta edición.