Praceiros de Muros ultiman os preparativos para unha feira local

feiramercadomuros.jpgMUROS> Con esta iniciativa contribuirán a darlle un pulo ó mercado que conta cunhas modernas instalacións reformadas hai menos dun ano.

A praza de abastos de Muros pasa por ser unha das máis maxestosa da comarca. Situada no casco urbano da vila, o inmoble é un impoñente edificio cunha escaleira exterior dotada dunha dobre balaustrada de pedra. Asemade, as recentes remodelacións interiores dotaron o mercado dunhas instalacións modernas e funcionais.

{flowplayer}barbanza/feiramercadomuros.flv{/flowplayer}

Con todo, estes cambios non acadaron o aumento nas vendas desexadas polos praceiros. Por eso, os vendedores porán en marcha unha feira de produtos locais que se celebraría o vindeiro 19 de marzo.

De momento a iniciativa está a dar os primeiros pasos. Os organizadores xa se puxeron en contacto co concello muradá, que se comprometeu a apoiar a proposta. Tamén conta ca participación do colectivo Raíña Lupa, que elabora mel caseira. Ademáis deste produto, na feira poderanse adquirir alimentos ecolóxicos de orixe galega e está previsto reservar espazos para a artesanía local.

Na vindeira semana os organizadores teñen a intención de manter varias xuntanzas para seguir perfilando a proposta.

Redacción Barbanza