![]()
ILLA > A iniciativa faise posible grazas ó convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Federación Española de Universidades Populares.
{flowplayer}images/salnes/obradioroIlla_190211.flv{/flowplayer}
O vindeiro luns porase en marcha na Illa de Arousa un obradoiro de informática, unha iniciativa que faise posible grazas ó convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Federación Española de Universidades Populares.
Esta actividade, que terá lugar na segunda planta do complexo sociocultural, na rúa Palmeira, está orientada a tódolos grupos e colectivos da sociedade illense: dende os máis cativos ata persoas da terceira idade; de mariscadores a empresarios ou xubilados.
A duración inicial deste obradoiro será de dez meses nos que os participantes poderán iniciarse na informatica ou na internet, así como recibir clases para a creación de blogs, manexar o Office ou introducirse no mundo da fotografía dixital.
O horario das clases será de luns a venres de 17:00 a 21:00 e os sábados de 10:30 a 13:30.
Asimesmo, o alcalde da Illa de Arousa, Manuel Vázquez, quixo lembrar que a aula de informática estará aberta ó público en xeral de xeito gratuíto e que calquera persoa poderá facer uso dela sempre e cando non se esté a desenvolver ningunha actitvidade ou obradoiro ó mesmo tempo.
Redacción Salnés










