A Xunta promove a educación en valores a través do deporte

    visitasecretarioxeraldeportepobra.jpgPOBRA> O Secretario Xeral para o Deporte e o responsable de Política Lingüística presentaron no colexio Salustiano Rey Eiras a mostra..

    Deporte en valores’ que forma parte do programa ‘Xogade’.

    {flowplayer}barbanza/visitasecretarioxeraldeportepobra.flv{/flowplayer}

    A través de 17 paneis distribuídos por diferentes estancias do colexio, a mostra que hoxe se inauguraba no Salustiano Rey Eiras, e que posteriormente percorrerá ata un total de noventa centros educativos de toda Galicia, pretende promover valores como o traballo en equipo, o xogo limpo, a tolerancia ou a superación persoal. A exposición ‘Educación, deporte e valores’, que forma parte do programa ‘Xogade’, non é unha mostra estática senón que está deseñada como unha ferramenta de traballo coa que a totalidade da comunidade educativa coñecerá os valores do deporte aplicables ó resto dos ámbitos da vida persoal e profesional como puideron comprobar esta mañá na presentación da iniciativa o propio Secretaría Xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete Lasa, e o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que asistiron a unha clase práctica cos propios escolares deste centro educativo.

    Visita obras campo fútbol Cadreche

    Con anterioridade, o Secretario Xeral para o Deporte aproveitou tamén a súa visita á localidade para comprobar a marcha das obras do novo campo de fútbol de herba artificial de Cadreche no que se investirán preto dos 800 mil euros e que podería estar rematado a principios de maio. Esta actuación cubrirá ademais unha importante demanda dos clubs da localidade, o Puebla e o Crocha, beneficiando a preto duns 400 deportistas de tódalas categorías de ámbalas dúas entidades.

    Redacción Barbanza