Gey abre unha nova etapa no PSOE local con ‘ilusión renovada’

    presentacioncandidaturagey.jpgRIANXO> O secretario xeral do PSdeG quixo arroupar a Carlos Gey na súa presentación como candidato a substituír a Pedro Piñeiro á fronte do goberno.

    {flowplayer}barbanza/presentacioncandidaturacarlosgey.flv{/flowplayer}

    A prioridade nesta nova etapa será a creación de emprego e a mellora da calidade de vida dos cidadáns a través das políticas sociais.

    Ademais da posta en marcha de plans de emprego a través dos concellos, o secretario xeral do PsdeG avoga pola potenciación das políticas de benestar coa consolidación de servizos que permitan mellorar a vida diaria dos veciños. 

    Fin dunha etapa

    Ademais da presentación oficial de Gey, o acto serviu ademais como despedida para o actual rexedor. Pedro Piñeiro augurou un exitoso futuro ó seu sucesor que abrirá un novo ciclo de ilusión en Rianxo.

    Piñeiro realizou ademais un balance positivo dos seus vinte anos á fronte do goberno municipal e agradeceu o apoio da súa familia e compañeiros neste ciclo da súa vida que o próximo 22 de maio chega á súa fin.

    Redacción Barbanza