O concello de Ribeira e a Fundación Humanismo e Democracia asinan un convenio de colaboración

    RIBEIRA> O concello de Ribeira e a Fundación Humanismo e Democracia asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal os migrantes deste municipio e da comarca do Barbanza en xeral poderán obter, entre outras accións, asesoramento xurídico centralizado nas dependencias de Servizos Sociais.