NOIA> Lage Tuñas criticou ó goberno galego por dotar de iluminación a rotonda do novo corredor Noia-Brión e permitir que a ponte continúe ‘ás escuras’.
A ponte de Ceilán, inaugurada a finais dos anos oitenta, conecta o concello de Noia co de Outes, atravesando a ría. A pasada semana inaugurouse o corredor Brión-Noia que desemboca a carón desta infraestrutura viaria.
Para a agrupación do PSdeG-PSOE a Xunta de Galicia está a permitir que se dea ‘unha situación surrealista’ mantendo a ponte de Ceilán sen iluminación e a escasos dez metros estean acendidas as farolas da rotonda que dá acceso o corredor.
{flowplayer}barbanza/lageponteceilan.flv{/flowplayer}
Por tal motivo, o deputado socialista presentou unha iniciativa no Parlamento na que solicita á Xunta de Galicia que se proceda ó acendido do alumenado do ponte, que leva máis dun ano e medio apagado. Lage Tuñas cre que o feito de que fora el o que xestionara a instalación da iluminación durante o goberno anterior supón un problema para a Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas.
Para o socialista é imprescindible que resolva con urgencia esta situación perante o grave risco para a seguridade viaria que supón manter o ‘apagón’ da ponte de Ceilán.
Redacción Barbanza