A Xunta destinará 5 millóns de euros en axudas ás mariscadoras a pé que non cesaron a súa actividade

O GROVE> A xunta de Galicia destinará diferentes partidas para reactivar o sector do mar.  A consellería do mar informou esta mañá no Grove dunha axuda de 5 millóns de euros para as mariscadoras a pé que pararon temporalmente pero que non cesaron a súa actividade disporán. Tamén destina 7 millóns de euros para os buques que mantiveron a súa actividade durante a pandemia pero que rexistraron perdas. As confrarías e as redeiras tamén terán dispoñible unha partida de axudas.

A xunta de Galicia puxo en marcha o plan “Avantemar” , un proxecto para a reactivación do ámbito marítimo pesqueiro ante a crisis derivada do covid 19. Este plan supón unha inxección de 77 millóns de euros a través de cinco liñas de apoio. Unha delas está destinada aqueles sectores que non cesaron a súa actividade e que seguiron traballando a pesar de ver reducidos considerablemente os seus ingresos. Nesta situación atópase o marisqueo ao pé, ao que axunta destinará 5 millóns de euros.

Para as embarcacións tamén hai destinada unha axuda de 7 millóns de euros. Ao igual que no caso do marisqueos, para aqueles buques que seguiron traballando e viron minguados os seus ingresos.

Así mesmo, a consellería tamén destinará 400 mil euros en axudas a redeiras e 600 mil en axudas ás confrarías. Dende o Grove agradeceron esta colaboración ante o baixón que está sufrindo o sector.

Estas axudas son entregadas cos fondos propios da xunta naqueles sectores que están excluídos dos fondos europeos marítimos da pesca. A maiores destas axudas, Avantemar conta con outras catro liñas que son a relacionada coa sustentabilidade, liquidez e financiamento xeral, a adecuación e sostemento das actividades conexas, a reorientación do sistema económico-comercial pesqueiro para adecuarse á situación derivada da pandemia e por último a liña de adecuación e flexibilización administrativa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí