A cúpula do PPdeG respalda a candidatura de Aragunde

    CAMBADOS> Alberto Núñez Feijóo, Rafael Louzán e José Manuel Cores Tourís respaldaron ó candidato cambadés na presentación da súa candidatura.

    {flowplayer}images/salnes/PPCambados_190211.flv{/flowplayer} 

    Luis Aragunde presentou o venres a súa candidatura á alcaldía de Cambados arroupado pola cúpula do Partido Popular autonómico. O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán e José Manuel Cores Tourís, delegado da Xunta en Pontevedra, non faltaron á presentación realizada no salón da Adega Martín Códax, que deu cabida a máis de medio milleiro de simpatizantes. Un a un as autoridades foron pasando polo estrado, amosando o seu apoio a Aragunde. 

    OPresidente da Xunta destacou a importancia destas municipais. Os resultados que se acaden o 22 de maio deben ser o primeiro paso para recuperar a Moncloa en 2012.

    Tamén pasou polos micrófonos Luís Aragunde. O seu compromiso é traballar e esforzarse na mellora do benestar dos cambadeses. 

    Paralelamente á presentación da candidatura de Luis Aragunde, o PP local festexou o 30 aniversario da súa fundación. Antes da cea, as autoridades acudiron á sede local do partido onde puideron visitar a exposición creada por afiliados e simpatizantes, que recolle boa parte da historia do PP nestes últimos 30 anos.

    Redacción Salnés