Morre un traballador ó precipitarse dende un cuarto andar

accidentelaboralnoia.jpgNOIA> Trátase de Benito Gendra Picayo, de 62 anos de idade, veciño de Bastavales, no concello de Brión.

{flowplayer}barbanza/accidentelaboralnoia.flv{/flowplayer}

Segundo confirmaron os propios testemuños, o home, Benito Gendra Picayo, de 62 anos de idade e veciño do lugar de Bastavales no concello de Brión, estaba realizando traballos no cuarto andar do edificio, substituíndo unha vella fiestra por outra nova, cando por razóns que se descoñecen se precipitou ó chan.

Os propios veciños que presenciaron a caída foron os que alertaron ó 061 que mobilizou persoal do centro de saúde de Noia, así como unha ambulancia asistencial.

Ata o lugar do suceso achegáronse tamén efectivos do GRUMIR e de Protección Civil de Noia, así como tamén da Policía Local e da Garda Civil. Tamén foi solicitada a presenza do helicóptero, aínda que finalmente xa non foi necesaria unha vez que os facultativos certificaron o seu falecemento.

Á fuga

Por outra banda, esta pasada madrugada, un condutor cuxa identidade por agora se descoñece tirou co seu vehículo un dos semáforos do paseo do Malecón, en Ribeira, e despois deuse á fuga. A Policía Local está a investigar nestes momentos a posible autoría dos feitos.

Redacción Barbanza