‘Despois de doce anos, Pontevedra necesita un cambio’

    telmomartin copia100.jpgPONTEVEDRA> A tres meses das eleccións, o candidato popular, Telmo Martín, fala de compromiso e traballo como as súas claves.

    {flowplayer}images/salnes/TOTAL_COLAS_TELMO_DECLARACION_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    A tres meses das eleccións municipais, o Partido Popular pontevedrés continúa preparándose para a vindeira cita coas furnas. Esta mañá, o candidato popular dirixiu ós medios de comunicación unha declaración electoral diante do concello da cidade. Un discurso no que Telmo Martín insistiu no seu compromiso con Pontevedra e pediu o apoio dos votantes da capital.

    Melloras nos servizos e infraestruturas e máis oportunidades e emprego, son algúns dos compromisos destacados esta mañá polo líder popular, que durante a declaración estivo arroupado polos compañeiros de lista para as vindeiras eleccións. Telmo Martín tamén destacou o papel do Partido Popular nos últimos catro anos como partido de oposición, falando dun traballo que exemplificou no proxecto do Hospital de Montecarrasco. A tres meses das eleccións, os populares pontevedreses xa teñen definida a estratexia para a súa campaña, que comezará o 7 de maio. Segundo Telmo Martín, o seu traballo será directo e a pé de rúa, establecendo contacto directo cos pontevedreses para facerlles chegar parte do seu programa.

    Redacción Salnés