POBRA> O vindeiro mércores arrancan na Pobra as xornadas en homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. O acto principal será a inauguración dunha rúa co nome do escritor así como unha escultura elaborada por Manuel Teira. A presentación da novela inédita ‘Dezanove badaladas’ marcará o inicio das xornadas que o concello da Pobra dedicará a Anxo Rei Ballesteros. Será o próximo mércores día 17 ás oito e media no auditorio do Museo Valle-Inclán. O mércores vinte e catro terá lugar, tamén na Torre de Bermúdez, unha conferencia sobre a obra do homenaxeado a cargo de Manuel Castelao. O acto central destas xornadas terá lugar o domingo 28 coa inauguración dunha rúa que levará o nome de Rei Ballesteros. Con estas xornadas, o concello da Pobra pretende manter vivo o legado dun dos seus veciños máis ilustres que destacou non só pola súa creación literaria senón pola súa promoción da cultura e do pensamento.
Inicio BARBANZA