A fábrica de Clesa reduce á metade a recollida de leite

    alcalde_caldas_reiscopy.jpgCALDAS> Pola súa banda, o alcalde do municipio, Juan Manuel Rey, confesou que o contacto cos traballadores da planta é constante.

    {flowplayer}images/salnes/ALCALDE_CALDAS_POR_CLESA.flv{/flowplayer}

    A difícil situación pola que atravesa o grupo Nueva Rumasa, propietaria da planta de Clesa en Caldas de Reis, ten ós traballadores desta empresa nunha total incerteza sobre o futuro da fábrica.

     Ademais do desabastecemento que se arrastra desde xaneiro, cada xornada a falta de materia primas acentúase, bloqueando a fabricación. Isto provocou, informan desde o comité de empresa, a supresión da quenda de noite.

     Ademais, a maioría destes traballadores están pendentes do pago da extra de decembro e da nómina do mes de xaneiro.

    Pola súa banda, o alcalde de Caldas confesou que o contacto cos traballadores da empresa é permanente e que polo momento non hai ningunha novidade.

    A planta de Saiar precisa entre 230.000 e 280.000 litros de leito ó día pero, nestes intres, hai xornadas, nos que non recollen nada ou menos da metade. Segundo Unións Agrarias seis empresas de primeiros compradores e 523 explotacións están afectadas pola situación de Clesa.

    Por iso, agora son os provedores os que comezan a mobilizarse para facerse escoitar a través da rede. Para iso, crearon un blog e un perfil de twitter onde os prexudicados poderán manterse informados de todo o relacionado co tema.

    Redacción Salnés