#Cambadosnamora con bicos, bombóns e poesía

CAMBADOS> Hoxe é catorce de febreiro, popularmente coñecido como o Día dos Namorados. San Valentín pegou con especial forza en Cambados. Alí, concello e Zona Centro puxeron en marcha unha campaña especial. Mesturaron fotografías, chocolate e poemas baixo un mesmo lema: #Cambadosnamora.

Bicos, bombóns e poesía para celebrar o día máis romántico do ano.

En Cambados non quixeron que San Valentín pasara desapercibido. Hoxe arrincou a campaña posta en marcha por concello e Zona Centro, que ten como elementos centrais tres photocalls repartidos polo casco histórico.

Un deles recibiu hoxe multitude de visitas na praza do concello. Aproveitando o Día dos Namorados, a xornada tivo un reforzo especial: repartíronse bombóns e poemas aos viandantes. Cambados botou, ademais, de cultura propia.

Como ven, o ambiente foi perfecto para as mostras de amor de calquera tipo que se deixaron ver no centro cambadés. Aínda que moitos coincidiron: o Día dos Namorados é todo o ano.

Comments are closed.