O PP provincial presenta aos 16 novos candidatos

    candidatos_pp_provincial_100 copia.jpgPONTEVEDRA> O Presidente Provincial do PP en Pontevedra e o Secretario Xeral do PPdeG presentaron aos 16 novos candidatos do partido.

    {flowplayer}images/salnes/candidatos PP provincial.flv{/flowplayer} 

    A nivel provincial xa hai 58 dos 62 concellos, faltarían por elixir os candidatos de Vilaboa, Fornelos, Mos e Tui.

    Entre as caras dos dezaseis novos candidatos hai persoas que se incorporan á vida política por primeira vez, e tamén vellos coñecidos, coma Luis Aragunde, que recollera o testigo de alcalde do actual Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís.

    Cincuenta e oito dos sesenta e dous concellos da provincia, xa teñen o seu candidato designado, para lograr, segundo Louzán, un único obxectivo: obter un número récord de alcaldías do PP na provincia.

    Rafael Louzán quixo destacar que os candidatos que cheguen ás alcaldías farano na peor situación, cas arcas dos concellos valeiras.

    O Partido Popular aposta por dar exemplo de unión e así o mostra no seu slogan que, segundo explicou Alfonso Rueda, resalta o que a cidadanía quere, que é un partido unido rexeitando pactos con outros partidos.

    Ao PP provincial fáltanlle catro candidaturas por presentar. As de Vilaboa, Tui, Fornelos e Mos, e ata o límite de presentacións, a mediados de abril, todo pode pasar, segundo o presidente provincial.

    Redacción Salnés