O Porto de Vilagarcía pecha o ano de cruceiros co récord de 3800 visitantes

VILAGARCIA> Vilagarcía pecha o ano de cruceiros con récord de visitantes. Un total de cinco buques atracaron este ano no porto vilagarcián cun total de 3800 persoas entre visitantes e tripulación. Parte deste éxito é grazas á visita do Marina, o primeiro cruceiro que atracou en Vilagarcía con máis de mil persoas.

A aposta do Porto de Vilagarcía por recuperar os cruceiros nun puido ser máis exitosa. Os busques levan anos atracando na vila e superándose en cada edición. O peche desta tempada de cruceiros deixa de novo cifras de récord. Cinco buques con preto de 3800 persoas.

O punto álxido deste éxito sucedeu hai unhas semanas coa visita do cruceiro o Marina. Un buque que por primeira vez atracou en Vilagarcía con máis de 1000 persoas.

Estas cifras supoñen tamén un importante pulo económico para Vilagarcía, xa que, aínda que os visitantes poidan facer excursións, as tripulacións mantéñense na vila.

Dende o porto consideran que as claves deste éxito son dúas: Traballo e localización estratéxica de Vilagarcía e do Salnés.

Segundo o porto, unha das cousas que máis fascina aos visitantes é entrar no interior das Ría de Arousa, resaltando as súas vistas pero tamén as bateas, pouco coñecidas fora da nosa comunidade. Dende o porto xa traballan nas visitas do vindeiro ano onde xa hai confirmados dous cruceiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí