A vaga de roubos en bares esténdese á comarca de Muros-Noia

roubobarnoia.jpgNOIA> Continúan a repetirse os episodios de roubos nos locais hostaleiros. Esta vez tocoulle a quenda a dous bares de Porto do Son e Noia.

{flowplayer}barbanza/roubobarnoia.flv{/flowplayer}

Semella que os establecementos hostaleiros están a converterse nun dos obxectivos preferidos polos ladróns. Desta volta foron dous locais de Noia e Porto do Son os que sufriron unha desagradable visita. Na cafetería de Noia, a pesar de que romperon a cristaleira e tiraron coa caixa rexistradora non levaron nada.

O máis probable é que os ladróns se decataran da presenza de alguén nas inmediacións da cafetería e decidiran marchar coas mans baleiras.

Sucesos similares

Peor sorte correron os propietarios doutro bar en Porto do Son no que os ladróns roubaron toda a recadación da máquina comecartos. A Garda Civil xa traballa na investigación dos feitos. Non se descarta que o autor de ámbolos dous sucesos poida ser a mesma persoa e mesmo estar involucrado noutro roubo acontecido en Lousame a pasada semana.

Redacción Barbanza