Unha familia intoxicada por un escape de gas na súa vivenda

escapegasmuros_100.jpgMUROS> O parecer, a orixe do escape puido estar na mala combustión dun quentador, que o apagarse, consumiu o oxíseno da habitación

Unha familia do barrio de Miraflores no casco urbano de Muros resultou intoxicada na súa vivenda por monóxido de carbono na noite de onte. Membros da Garda Civil, Policia Local e Protección Civil de Muros desprázaronse ata o inmoble para atender as vítimas.

{flowplayer}barbanza/escapegasmuros.flv{/flowplayer}

Ó redor das once e media da noite unha chamada alertou os servizos de emerxencia dun escape de gas nunha vivenda do segundo andar. No momento do suceso atopábasen no interior do domicilio catro persoas, un matrimonio e os seus fillos de 16 e 18 anos. Todos resultaron intoxicados por mor do gas, sendo a muller e a filla a máis afectada pola inhalación, xa que mesmo chegaron a perder a consciencia.

O parecer, a orixe do escape puido estar na mala combustión dun quentador, que o apagarse, consumiu o oxíseno da habitación. A familia foi trasladada ó Hospital Clínico de Santiago, onde permaneceron en observación ata esta mañá, cando foron dados de alta.

Redacción Barbanza