Ana Pastor: ‘Os vilagarciáns viven nunha situación de indefensión’

    deputados_pp copia.jpg VILAGARCÍA> Os deputados do PP pontevedrés no Congreso preguntarán ó goberno central se vai tomar alguna medida contra a vaga de roubos na cidade.

    {flowplayer}images/salnes/PP_VILAGARCIA_ACTUALIDADE.flv{/flowplayer}

    Menos mentiras e máis responsabilidade á hora de cumprir o prometido. Isto é o que demandan os representantes do PP pontevedrés no Congreso dos Deputados ó goberno central. Insisten en denunciar que Vilagarcía foi ignorada nos orzamentos xerais do estado para o 2011, e sumando tódalas actuacións que prometeron executar na cidade e están sen realizar, habería 10 millóns de euros en investimentos que se esfumaron. Son os que corresponderían á construción do novo cuartel da Garda Civil, a execución do paseo marítimo de Ferrazo ou a reforma integral da Praza de Abastos. Aquí, no mercado, o concello xa comezou a acometer algunhas melloras, ‘un parche’, segundo os populares.

    Outro dos problemas que preocupa ós populares é a vaga de roubos que está a padecer a cidade. Por iso, a vindeira semana solicitarán ó executivo central que lles responda por escrito se ten pensado adoptar algunha medida para mellorar a seguridade cidadá.

    Tamén intentarán facer presión no Congreso para que o Ministerio de Fomento pague as indemnizacións que lles debe ós veciños de Sobradelo ós que se lle expropiaron terreos para construír o vial de acceso ó porto. Onte no Pleno, o BNG prometeu tamén facer presión por medio dos seus representantes en Madrid. Pero os populares pídenlles que nesta ocasión, non actúen con doble cara.

    Redacción Salnés