O Ribadumia incorpora a Edgar, que estará fronte ó Verín

SALNÉS> Se un equipo está a dar que falar estes días ese é o Ribadumia. Se o mércores era Iago Paz quen chegaba á Senra procendente do Rápido de Bouzas, agora é Edgar o que fixo o esmo camiño de Vigo a Ribadumia. Nova fichaxe para os aurinegros dun xogador de ataque co que pretenden meterse en postos de ascenso.

Por se había algunha dúbida, esta semana quedaron todas despexadas. O Ribadumia non se conforma coa permanencia ou con facer unha boa temporada. Quere o ascenso. Así se desprende das dúas fichaces realizadas pola directiva esta semana. Dous xogadores como Iago Paz e Edgar, un centrocampista e un dianteiro, titulares indiscutibles dende hai moitas temporadas na Terceira División, en calesquera foran os seus equipos.

Chegan dende o Rápido de Bouzas, un dos equipos que mellor futbol practica, club coa que a directiva do Ribadumia garda moi boa relación e que facilitou estas dúas fichaxes, toda vez os vigueses teñen os deberes feitos esta temporada. Edgar e Iago poderán debutar este domingo ante o Verín e ante o seu público. O que non estará nese partido, ademais do lesionado Lucas, será Lozano, que está sancionado. O Verín chega á cita en horas baixas, logo de oito xornadas sen gañar.

Houbo fichaxes na Senra e tamén en Baltar, onde Carlos Vila xa dispón de 16 xogadores senior para afrontar os encontros. Non son de tanto relumbrón como os do Ribadumia, pero veñen a aportar ritmo competitivo ó plantel. Antonio Valero, dianteiro procedente do Marcón e Celso Diz, que xa asinou a pasada semana e ven procedente do Moraña, poderían desfrutar de minutos ante o Barco. Despois de sumar sete puntos dos últimos nove posibles o equipo colleu oxíxeno e a salvación está moito máis preto. Esta semana o que se perde o partido é Fran Castaño, por acumulación de amarelos.

Redacción Salnés