VILAXOAN> O festival Revenidas cumprirá a maioría de idade cunha celebración de 5 días. A organización prepara unha edición especial do festival na que actuarán máis de 40 artistas. No evento non faltarán as actividades vencelladas a Vilaxoán como a sardiñada popular e o roteiro pola vila.
O festival Revenidas que se celebra en Vilaxoán cumpre a maioría de idade. 18 anos despois da súa creación, o evento prepara unha programación especial con cinco días de celebración e máis de 40 artistas. O músicos acudirán de diferentes países do mundo pero o groso principal do festival serán os artistas galegos.
O evento celebrarase do 7 ao 11 de setembro e nel non faltarán as actividades vencelladas a Vilaxoán como o paseo en barco ata as bateas, o roteiro pola vila e a sardiñada popular, que este ano terá lugar o domingo nunha xornada na que as actuacións serán gratuítas.
O festival recibe os apoios das diferentes administracións. Entre a colaboración da deputación de Pontevedra, baixo o paraugas dos Rías Baixas Fest, destaca a campaña contra a violencia machista e o programa Descúbreas, apoiando a artistas emerxentes. Neste festival actuará Xina.
A Xunta tamén o inclúe dentro dos concertos Xacobeo e o apoia a través de Agadic. Dende a administración autonómica destacan a importancia de estes festivais para potenciar o turismo.
O Revenidas tamén conta co apoio do Revenidas. Dende a Administración local resaltan a vinculación tan importante do festival con Vilaxoán.
O festival tamén continuará coa súa vertente solidaria apoiando a diferentes causas sociais e se pechará coa gala do circo vinte anos de Peter Punk.