Un camión engánchase nos cables do teléfono e estraga cinco postes e o cruceiro de Castrelo

CAMBADOS> Un camión engancha nos cables do teléfono, bota abaixo cinco postes e esnaquiza un cruceiro. Ocorreu esta mañá en Castrelo, no concello de Cambados. O accidente deixou a ducias de persoas sen teléfono. O cruceiro levaba pouco máis dun ano restaurado, logo de que no 2020 se vise danado por un temporal.

Os feitos aconteceron esta mañá en Castrelo, no Concello de Cambados, cando un camión logo de estacionar nesta zona retomou a súa marcha. A mala sorte quixo que o trailer enganchase nos cables de telefonía, sen que o condutor se decatase.

E non foi ata que sentiu como rompía o cruceiro cando se deu conta do que estaba facendo. Ás súas costas deixou esta escena, con ata cinco postes danados e os cables polo chan.

Na zona, quedaron sen teléfono e, vendo a situación, todo apunta a que a incidencia vai tardar en resolverse.

Agora, o concello varorará que facer co cruceiro do século XVIII. A parte danada non era a orixinal, senón unha nova instalada hai agora un ano, logo de que no 2020 un temporal botase abaixo a anterior.

Ata a zona achegouse tamén a Garda Civil de Tráfico, ante a perigosa situación que deixou este sinistro para os vehículos que circulaban pola zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí