![]()
VILAGARCÍA> O PSOE de Vilagarcía de Arousa dou a coñecer aos números 3 e 4, Tania García e Miro Serén, respectivamente.
{flowplayer}images/salnes/ptac 3y4 PSOE villa.flv{/flowplayer}
Foron presentados por un orgulloso e ledo Modesto Pose.
Se onte facíase oficial o número dous dos socialistas vilagarciáns, Manuel Rodríguez Cuervo, esta mañá Modesto Pose presentaba e describía aos seguintes da lista.
O número tres, Tania García á que se referiu coma o futuro do partido en Vilagarcía pero tamén cunha demostrada eficiencia na actualidade, sobre todo logo de facerse cas responsabilidades da concellaría de Urbanismo, despois da dimisión de Marcelino Abuín. Destacou o seu entusiasmo e dedicación.
E o número catro, alguén novo na política, actual director do CEIP O Piñeiriño, Miro Serén. Para el tamén tivo palabras de eloxio Modesto Pose. Sensatez, prudencia, rigor e capacidade intelectual foron as cualidades que lle destacou. Indispensables, dixo, para facer política.
A Educación será prioritaria no programa socialista, por requirimento de Miro Serén ao que Pose, aceptou gustosamente súas tres peticións: a ampliación do colexio A Escardia, un novo colexio en Carril e máis prazas de Educación Infantil.
Segundo Pose teñen a pretensión de que en Vilagarcía haxa unha forza política do máximo consenso posible. Durante marzo e abril traballarán con 12 grupos de valoración do seu programa electoral, que se porán en contacto cos veciños e veciñas, para poñer enriba da mesa unha ou dúas ideas cada semana.
Redacción Salnes








