Juan José González, cabeza de lista do PP na Illa

    candidato pp illa_100.jpgILLA DE AROUSA> Autoridades responsables do Partido Popular galego presentaron ao candidato da Illa de Arousa, Juan José González.

    {flowplayer}images/salnes/candidato pp illa.flv{/flowplayer}

    Din que a terceira vai a vencida. Sería esta entón, a quenda para que Juan José González saíra vencedor nas municipais, ás que se presenta como cabeza de lista por terceira vez consecutiva.

    Na súa presentación no Hotel Tamanaco estivo arroupado por gran cantidade de público e por integrantes da dirección provincial do partido, así como do executivo autonómico. González quere transmitirlle a todos, sobre todo, confianza.

    A Conselleira do Mar, Rosa Quintana agradeceu na súa intervención o tremendo traballo que leva a cabo o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, na elección de candidatos para tódolos concellos da provincia. Quixo animar ao candidato, que se atopará cunha situación de crise importante cando chegue, dixo, á alcaldía da Illa.

    Resaltou amais que Juan José nunca pedira favores para si mes, pero si percorrera os despachos pedindo para os veciños.

    Rafael Louzán lembrou a tódolos asistentes que, dende sempre, a mellor opción para saír de malas situacións é o PP.

    Juan José González ten o reto de arrebatar a maioría absoluta que ostenta Manuel Vázquez e converterse en alcalde do municipio, acabando con doce anos de goberno socialista.

    Redacción Salnés