SANXENXO> O concello de Sanxenxo escenifica na Finca das Cunchas a ‘inxustiza’ da sentenza da expropiación dese terreo á familia Rocafort. O goberno local decidiu pintar de azul o vial que tamén entrou dentro dese proceso expropiatorio. Son máis de 1.200 metros cadrados polos que, xunto cos 1.700 da zona verde, Sanxenxo tivo que pagar 13 millóns de euros. Un pagamento que, por certo, xa foi completado. Agora buscaranlle un uso social a este espazo.
Disque unha imaxe vala máis que mil palabras e iso é, precisamente, o que pretende o Concello de Sanxenxo co pintado destes viais na contorna da Finca das Cunchas, que forman parte do proceso expropiatorio á familia Rocaort. A sentenza inclúe a zona verde de 1750 metros cadrados máis o espazo que corresponde ao vial, máis de 1.200 metros cadrados.
Pola expropiación o concello tivo que pagar 13 millóns de euros. Unha cantidade que xa foi completamente abonada.
Agora o executivo local buscaranlle un uso social a este espazo.
E engade Martín, ese uso social servirá para paliar os efectos dunha sentenza que insisten, acatan pero non comparten.