Cidadáns do Salnés crean a plataforma Galucrania para enviar materiais ao país e acoller refuxiados

VILAGARCIA> Unha iniciativa cidadán crea no Salnés Galucrania, unha plataforma legal que permite enviar materias de primeira necesidade a Polonia para que chegue a Ucraína. O primeiro autobús partiu no día de hoxe grazas á colaboración de empresas como Fundiciones Rey e Autocares Abalo. Regresará con 50 refuxiados ucraínos que serán acollidos por toda Galicia.

A cidadanía do Salnés non cesa na súa implicación por axudar ao pobo ucraíno. Unha iniciativa cidadá levou á creación de Galucrania, unha plataforma que cumpra cos permisos para poder enviar material de primeira necesidade ao país ucraíno e a súa vez traer refuxiados.

Ademais da iniciativa cidadá, participan tamén empresas como Fundiciones Rey e autocares Abalo. Esta colaboración permite que os materias cheguen a Polonia e entregarllos ao exército ucraíno para que chegue a todo o país.

O bus irá cargado con máis de 40 mil toneladas de materias de primeira necesidade como roupa, alimentos ou medicamentos.

Ademais, o autobús regresará con máis de 50 refuxiados que serán acollidos en vivendas de toda Galicia.

A avalancha de doazóns e de interesados en axudar ás familias ucraínas levará a Galucrania a abrir un número de conta para poder enviar máis autobuses nas vindeiras datas. A plataforma ampliará a información nas vindeiras datas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí