Zona Centro engrega os premios da Campaña dos Namorados

    premios zona centro_100 copia.jpgCAMBADOS> O Parador de Turismo de Cambados acolleu a entrega de premios da Campaña dos Namorados 2011 da Asociación de Comerciantes Zona Centro.

    {flowplayer}images/salnes/premios zona centro.flv{/flowplayer}

    Amais do fin de semana para dúas persoas no Pazo da Paradela en Pobra de Trives, fíxose entrega dun cheque de 1.100 € á Asociación Esperanza Salnés.

    O presidente de Zona Centro, Marcos César González, o Alcalde de Cambados, Luis Aragunde, a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, o Director Comarcal de Nova Caixa Galicia, Víctor Vázquez e o Xerente da Asociación Esperanza Salnés, Augusto Chaves participaron no acto de entrega de premios, resultado da Campaña do Día de San Valentín.

    Os premiados recolleron as invitacións para unha viaxe para dúas persoas ao Pazo da Paradela en Pobra de Trives. Fixeron entrega simbólica dos premios, os donos dos establecementos que repartiran a papeleta agraciada. Amais, Zona Centro entregou un cheque por valor de mil cen euros á Asociación Esperanza Salnés, o recadado nos monólogos solidarios do pasado mes de xaneiro.

    Zona Centro cumpre así dous obxectivos: revalorizar o pequeno comercio e facer actos solidarios, tal e como destacou a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro.

    Xoiería Fariña, Dream e Calzados Lara entregaron os premios aos seus clientes agraciados e as autoridades presentes, fixeron, de xeito simbólico, entrega dun cheque a Esperanza Salnés. O Alcalde de Cambados, resaltou a importancia deste tipo de actos, tanto para o pequeno comercio como para Esperanza Salnés, unha importante e querida Asociación cambadesa.

    Ao finalizar o acto, tódolos presentes compartiron un pincho no Parador de Cambados, para celebralo.

    Redacción Salnés