A flota galega únese contra a política pesqueira da UE

    manifestacionlirio.jpgRIBEIRA> O pobo de Ribeira botouse á rúa para protestar contra a política pesqueira da UE que acordou un brutal recorte das cotas de certas especies.

    {flowplayer}barbanza/manifestacionlirio.flv{/flowplayer}

    A chuvia rexistrada o sábado pola mañá puido se-la causante da escasa afluencia de manifestantes. Malia que a praza do concello estaba chea, con ó redor de mil persoas, agardábase unha maior concorrencia posto que a redución das cotas afecta tan só en Ribeira tres mil familias.

    Aínda así foron moitos os que saíron á rúa para amosar o seu apoio ó sector, un sector que afecta directa ou indirectamente á maior parte da economía da comarca.

    Protesta unánime

    A unanimidade na protesta reflectiuse na presenza de membros de tódolos grupos políticos e a representación da Consellería do Mar a través do seu director xeral de Recursos Pesqueiros que previamente mantivo unha xuntanza de traballo co sector.

    Agardan que esta protesta teña a súa repercusión en Bruxelas de cara á próxima xuntanza da Conselleira do Mar coa Comisaria Europea. De non conseguir a modificación das cotas, a alternativa sería o intercambio con outros países e especies aínda que tampouco resulta unha solución doada.

    Maior representación

    Para o sector, a saída a esta crise sería contar cunha representación real dos seus intereses en Europa.

    Redacción Barbanza