![]()
VILAGARCÍA> E o fan ó tempo que presentaron a segunda campaña informativa na que denuncian a situación dos empregados de Ravella.
{flowplayer}images/salnes/UXT_CAMPANA_TRABALLADORES_RAVELLA.flv{/flowplayer}
A Federación de Servizos Públicos de UXT volveu a solicitar, esta mañá, a dimisión do edil de Persoal, José Membrives, tralo fallo favorable ó sindicato contra a resolución de Ravella pola que os empregados tiñan que xustificar as horas dedicadas a labores sindicais.
Dita resolución obrigaba ós delegados sindicais a que no prazo de dez días xustificasen en que actividades empregaban o crédito horario, aportando a documentación que acreditase eses labores sindicais. Desde UXT reiteraron que se trata dunha medida que limita o dereito á liberdade sindical e agora a sentenza lles da a razón.
Así mesmo, baixo o lema ‘Limpemos Ravella’ presentaron a segunda campaña informativa sobre a mala xestión, segundo UXT, exercida polo goberno local. Para iso, repartirán pola capital arousá dez mil panfletos.
Destacou, ademais, que esta situación mesmo leva ó concello a perder subvencións pola falla de responsabilidade dos edís.
Con respecto ás polémicas comidas que se fixeron con cargo ás contas de Ravella, o responsable da Federación de Servizos Públicos de UXT instou ó edil de persoal e á de educación a que publiquen na páxina web do concello tódalas facturas relacionadas.
Redacción Salnés








