RIBEIRA> Un incendio rexistrado esta pasada noite, ó redor das tres e media da madrugada, afectou ó cuarto andar dun edificio situado na avenida do Malecón, en Ribeira, á altura da praza Heroínas de Sálvora.
Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos parques de bombeiros de Ribeira e Boiro.
Foron eles os encargados de sufocar as lapas que afectaron ó salón e ó dormitorio do piso.
Por fortuna non houbo vítimas.
O único ocupante da vivenda foi trasladado ó hospital da Barbanza a consecuencia da inhalación de fume.
Por precaución tamén foron desaloxados unha ducia de persoas do propio edificio e de outro anexo.
Polo de agora descoñécense as posibles causas do lume.
A Policía Nacional xa abriu unha investigación para aclarar todo o acontecido.
Ó parecer na vivenda acumulábase unha gran cantidade de lixo, unha circunstancia que dificultou tamén as labores de extinción dos bombeiros











